Doces típicos de Vimianzo

A localidade xa conta cunhas sobremesas típicas que identifican e fan referencia a súa historia e o seu símbolo máis característicos, o Castelo. Na páxina na seccion de Doces de Datas Especiais" podes encontrar estos doces."

 

Ampliar

O pasado mes de Outubro os hostaleiros de Vimianzo reuníronse para organizar unhas xornadas gastronómicas do outono. PanIgnacio sumouse a esta iniciativa aportando uns doces de temporada e ademais que estos doces puideran representar a comarca e a súa histoira.


Desta forma realizouse no salón de plenos do Concello unha degustación para definir os doces.  Os nosos pasteleiros puxeronse a traballar no proxecto e inventaron diferentes doces coma:


-Pedras do Castelo: deliciosos bombóns de chocolate negro recheos de noces e toffee.


-Bica de Soneira; tradicional biscoito mantecado de millo con toque de amendoa


-Segredos de Dona Urraca: sorprendente torta de galleta con recheo de toffee e tropezóns de noces.


-Pecados de Arcebispo: exquisitos panos de hojaldre con recheo de crema de mazá


-Mousse de Castañas: innovadora mousse con sabor a castañas


 


Os doces xa están dispoñibles na nosa tenda de Vimianzo así coma nos restaurantes participantes destas xornadas como son:


-Restaurante "Casa Paco"


-Restaurante " O Castillo"


-Restaurante "Casa Sabina"


-Restaurante "Vazquez"


-Restaurante "O Cabral"


-Casa Rural-Restaurante "O Retiro de Barboles"

 

FECHA: 04/11/2011 | FONTE:

 



Panartesán S.L.

Tel: 981 716 267. Vimianzo - Cee - Muros - Noia - Carral